Catedral de Santiago de Compostela vista a través dun arco de pedraSantiago de Compostela

Axencia de marketing online en Santiago de Compostela e A Coruña

Internet xa non quere anuncios. Quere criterio.

Marketing online para marcas que non buscan parecerse ao resto: estratexia, redes sociais, vídeo e fotografía, con raíz galega e con calma.

A-dorna as túas redes.

Proposta de valor

Facemos que a túa marca se recoñeza antes de ver o logo.

Estratexia, vídeo, fotografía e tomas aéreas desde un único estudo. Poucas marcas á vez. Un informe de resultados cada mes.

5marcas á vez como máximo, nin unha máis
1equipo, da idea ao informe
4Kfoto, vídeo e dron propios

Servizos de marketing online

Tres cousas, ben feitas

Un estudo pequeno que se ocupa de todo o camiño do marketing dixital: decidir que contar, contalo e coidar o que ocorre despois.

Axenda semanal cun móbil enriba, sobre unha mesa

Definimos que contar e como contalo, antes de gravar nada.

  • Liña editorial e ton de marca
  • Calendario e guións
  • Estratexia de marca en redes
Falemos disto
Man tecleando nun móbil con Instagram aberto

Publicamos e coidamos o teu perfil con constancia e con cabeza.

  • Comunidade, mensaxes e comentarios
  • Publicación constante
  • Análise e mellora cada mes
Falemos disto
Persoa gravando cunha cámara estabilizada

Imaxe que se recoñece a primeira vista, gravada e editada por nós.

  • Fotografía de marca e produto
  • Vídeo e reels
  • Tomas aéreas con dron
  • Edición e posprodución
Falemos disto

Que nos diferenza

O que nos separa do resto

Oito razóns concretas. Nada de adxectivos baleiros. Preme en cada unha para ver o detalle.

Gravamos cun DJI Mini 3, tamén en vertical real para reels. Un plano aéreo cambia como se ve un lugar: contexto, escala e paisaxe en poucos segundos. Moitas axencias pequenas non o ofrecen, ou subcontrátano e cóbrano á parte. Aquí forma parte do traballo cando a peza o pide e a normativa e o lugar o permiten.

A persoa que te escoita na primeira chamada é a que grava e a que edita. Sen intermediarios, sen traspasos e sen que se perda polo camiño o que querías contar. Vimos do mundo audiovisual e nótase en como planificamos cada xornada de gravación.

Limitamos o número de marcas para que cada unha reciba tempo, atención e resposta rápida. Non somos unha fábrica de contido. Se estamos completos, avisámoste e apuntámoste en lista de agarda.

Cada publicación pasa un filtro sinxelo: soa á túa marca, importa a quen te segue e recoñécese sen ver o logo. O que non o cumpre, non sae. Preferimos un perfil coherente a un perfil cheo.

Coñecemos o territorio, a luz, os sitios e o ritmo de aquí. Chegamos nun momento, sen desprazamentos que encarezan a produción, e contamos Galicia desde dentro, con respecto e sen postal.

Traballamos con iPhone 17 Pro Max, iPhone 14, Canon EOS 1300D, DJI Mini 3 e luces de apoio. Ao ser material propio, non dependemos de alugueiros, podemos adaptarnos ao teu calendario e non hai custos agochados en cada xornada. Máis abaixo podes ver para que serve cada peza.

Usamos intelixencia artificial para transcribir, subtitular, ordenar ideas e analizar datos. A idea, o ton, a gravación e a decisión final son humanas. Así a túa marca non soa a prantilla.

Levamos o noso propio proxecto de contido, Más de 27 Lugares. Cada formato, cada gancho e cada hora de publicación probouse antes na casa. Non che vendemos teoría: contámosche o que nos funcionou a nós e por que.

Método de traballo

Un proceso claro

Da primeira idea ao informe de resultados, sen sorpresas. Escolle un paso.

Escoitamos que é a túa marca, a quen lle fala e como soa. Definimos a liña editorial, o calendario do mes e os guións das primeiras pezas. Nada se grava sen que o vexas antes.

Axenda aberta co calendario do mes

Xornadas de gravación no teu espazo, con móbil, cámara, luces e dron cando encaixa. Concentramos a produción para que che quite o menor tempo posible e saiamos con material para semanas.

Escaparate dunha tenda iluminado ao solpor

Montaxe vertical para reels, fotografía retocada, subtítulos e textos cunha mesma mirada. Revisas as pezas antes de publicar e axustamos o que faga falta.

Mesa de traballo con tesoiras, bolígrafo e café

Cada mes recibes un informe claro con alcance, retención, gardados, envíos e crecemento, máis tres decisións concretas para o mes seguinte. Sen xerga e sen números de recheo.

Móbil coas aplicacións de redes sociais

Onde traballamos

Axencia de marketing en Santiago de Compostela e A Coruña

Estamos en Santiago de Compostela e traballamos preto de ti. Gravamos en persoa por toda a costa e as cidades galegas, e levamos o marketing online da túa marca desde aquí.

Vista da ría de Vigo desde un monte cunha ermida
Rías Baixas
Plano cenital dunha praia con ondas e rochas
Plano cenital
Plano aéreo dunha costa cun cabo verde sobre o mar
Plano aéreo
  • A Coruña
  • Lugo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Tamén en liña

Traballamos nas catro provincias galegas. O que se pode facer a distancia levámolo en liña, e desprazámonos cando a gravación o pide.

O noso equipo

Ferramentas propias

Todo o que usamos é noso. Toca unha tarxeta para ver para que serve cada peza.

Cultura e valores

Como traballamos por dentro

O que cremos define con que marcas encaixamos e con que persoas queremos traballar.

Criterio

Escoller é a metade do traballo. Preferimos publicar unha peza recoñecible a dez que poderían ser de calquera.

Elegancia

Unha estética limpa, sobria e coidada. Sen ruído e sen efectos porque si. O que sobra, quítase.

Raíz

Traballamos desde Galicia e para quen a vive. Coñecemos o territorio, a luz e o ritmo, e contámolo con respecto.

Calma

Sen présas absurdas nin urxencias fabricadas. Unha dorna chega lonxe remando con constancia.

Honestidade

Se non encaixamos, avisámoste. Se algo non funciona, explicámolo con datos e propoñemos que cambiar.

Encaixa se

  • Tes unha marca con carácter e queres que se note.
  • Prefires publicar con sentido a publicar por publicar.
  • Buscas un trato próximo, non un provedor máis.

Non encaixa se

  • Buscas o maior volume de publicacións ao menor prezo.
  • Queres copiar o que fai a túa competencia.
  • Esperas resultados de un día para outro.

Traballa connosco

Hoxe somos dous e medramos amodo. Se gravas, editas, escribes ou deseñas con criterio e te recoñeces no que ves aquí, escríbenos co teu portfolio.

Escríbenos
Torres da catedral de Santiago de Compostela baixo un ceo azul

Quen somos

Sobre nós

Somos dúas persoas que levan anos contando historias en redes co seu propio proxecto, Más de 27 Lugares, e que agora poñen esa experiencia ao servizo doutras marcas.

Vivimos en Santiago de Compostela e traballamos desde aquí para toda Galicia. Unha dorna é unha barca pequena, feita a man e pensada para faenar con paciencia. Así queremos traballar.

Gústanos o ben feito, o sobrio e o que ten raíz. Preferimos que unha marca se pareza a si mesma antes ca á do lado.

CriterioPublicar menos, pero con sentido.
EleganciaUnha estética limpa e recoñecible.
Raíz galegaProximidade e coñecemento do territorio.

Preguntas frecuentes

Antes de falar

Que fai unha axencia de marketing online?

Axuda a unha marca a que a atopen e a escollan en internet. Tamén se lle chama marketing dixital. Decide que contar, prodúceo en texto, foto e vídeo, publícao en redes e mide que funciona. En Dorna facémolo cun equipo pequeno: a mesma persoa que te escoita grava e edita.

Traballades en Santiago de Compostela e na Coruña?

Si. Estamos en Santiago de Compostela e traballamos nas catro provincias galegas: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Gravamos en persoa onde faga falta e o resto levámolo en liña.

Que ocorre na chamada?

Vinte ou trinta minutos para coñecernos. Cóntasnos que fai a túa marca e que necesitas, e nós dicímosche con sinceridade se podemos axudarte e como o faríamos. Non hai compromiso.

Canto custa unha axencia de marketing en Galicia?

Depende do que necesite cada marca: non é o mesmo coidar as redes que producir vídeo cada mes. Tras a chamada enviámosche unha proposta clara, con packs mensuais, o que inclúe e o que non.

Traballades con negocios pequenos?

Si. Moitas das marcas coas que encaixamos son negocios locais: comercio, hostalaría, turismo, adegas ou servizos. O importante non é o tamaño, senón ter algo que contar.

Por que traballades con poucas marcas á vez?

Porque preferimos facelo ben. Con poucas marcas á vez podemos coñecer de verdade cada proxecto e responder rápido.

Facedes tomas con dron?

Si, cando a peza o pide e o lugar o permite. Antes de voar comprobamos as zonas e as condicións, e respectamos a normativa vixente.

Traballades con intelixencia artificial?

Usámola como ferramenta para tarefas mecánicas como transcribir, subtitular ou analizar datos. As ideas, o ton e as decisións son nosas.

Teño que ter xa unha estratexia?

Non. De feito, moitas veces comezamos por aí: ordenar que queres contar e a quen.

Contacto

Falamos?

Cóntanos que ten a túa marca que contar. Reserva unha chamada ou escríbenos e respondémosche nun ou dous días.

Reservar unha chamada

A reserva faise en Calendly, que xestiona a cita por conta de Dorna Estudio. Máis información na política de privacidade.

Responsable: Mario Fernández Pérez (Dorna Estudio). Finalidade: responder á túa consulta e, se nolo pides, preparar unha proposta. Lexitimación: aplicación de medidas precontractuais a petición túa. Destinatarios: non cedemos os teus datos; o formulario xestiónao Netlify (EUA, con garantías axeitadas). Dereitos: acceso, rectificación, supresión e os demais que explica a política de privacidade, escribindo a infodornaestudio@gmail.com.

Todos os campos son obrigatorios agás «Marca ou proxecto».